O realce totalizador en español e alemán. Un estudo retórico-contrastivo e descritivo de traducións de sitios web corporativos en adegas

Autores/as

  • María Teresa Sánchez Nieto

Palabras clave:

énfase semántica, retórica contrastiva, tradución, español, alemán, xénero comunicativo, sitio web corporativo de adega

Resumen

O punto de partida deste artigo2 é a suposición de que a necesidade de realzar o enunciado no seu conxunto ou parte do mesmo é ubicua na comunicación humana como parte do principio de expresividade da linguaxe cotiá, malia que o grao de intensidade do realce estará convencionalmente regulado segundo a situación comunicativa e, en consecuencia, terá un correlato formal nos xéneros correspondentes.

Neste traballo categorizamos e describimos os procedementos de énfase semántica ao servizo do realce dunha parte do enunciado que parecer ser especialmente típicos dos exemplos españois e alemáns do xénero sitio web corporativo de adega como elementos de creación de imaxe positiva, observando ademais o tratamento dos devanditos recursos na tradución español-alemán3

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2020-04-20

Número

Sección

Instrumenta e formación