“Traducindo pontes: traducións da poesía contemporánea de muller entre Galicia e Irlanda"

Autores/as

  • Vanessa Silva Fernández

Palabras clave:

poesía contemporánea, muller, Galicia, Irlanda

Resumen

Este artigo ofrece unha comparación entre dous proxectos de tradución de poesía contemporánea de muller, as escolmas Pluriversos (2003) e To the Winds Our Sails (2010). A análise comeza achegándose a ambas obras desde unha perspectiva paratextual, co obxecto de observar como se presentan os produtos acabados ante o público lector do outro sistema. A continuación, o estudo inclúe unha análise dos textos traducidos que abarca diversos planos e recolle as formas nas que as versións traducidas imitaron, obviaron ou mesmo amplificaron os efectos presentes nos orixinais. Así, discútense a nivel fónico a reprodución de ritmos, rimas e musicalidade, e a nivel semántico, o mantemento, amplificación ou redución das diferentes imaxes poéticas que aparecen nestes textos. Tamén se analiza a tradución de nocións construídas de xeito cultural, como son o espazo, as referencias históricas, as manifestacións de relixiosidade ou o xénero. Por último, recóllense as conclusións acadadas tras a observación dos textos e os seus paratextos

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2020-04-22

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución