O catálogo da tradución BITRAGA. Unha ferramenta tradutolóxica

Autores/as

  • Aurea Fernández Rodríguez
  • Iolanda Galanes Santos
  • Ana Luna Alonso
  • Silvia Montero Küpper

Palabras clave:

tradutoloxía, tradución literaria, catálogo virtual, bibliometría, ferramenta tradutolóxica

Resumen

Neste artigo presentamos o catálogo da tradución galega BITRAGA. Esta ferramenta recolle nunha base de datos de consulta libre todas as referencias das traducións literarias editadas en formato libro dende e cara ao galego a partir de 1980. Os parámetros que incluímos nas fichas das publicacións (orxinais e traducións) apuntan tanto a aspectos de índole externa ao texto traducido como a aspectos internos do propio texto: autorías (inclusive información biobibliográfica), editor, tipo de edición (por exemplo bilingüe), ano, direccionalidade, información na páxina de créditos, notas, críticas, xénero literario, soporte da publicación, información sobre a introdución, notas ou outros peritextos, así como referencias a textos críticos entre outros.

O catálogo combina catro fichas básicas: Tradutor/a, Autor/a, Tradución e Monografía (texto orixinal) que se comunican entre si. A súa vez, cada ficha está vinculada coas outras de xeito que accedemos con axilidade ás diferentes informacións.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2020-04-22

Número

Sección

Instrumenta e formación