A xente de Hemsö de August Strindberg, un clásico da literatura sueca en galego.
DOI:
https://doi.org/10.35869/viceversa.v22i.3625Palabras clave:
August Strindberg, Hemsöborna, tradución sueco-galego, censura, misoxinia, translation brief, tradución literariaResumen
Xa que este artigo é unha xustificación da tradución dun clásico sueco ao galego, permítome falar en primeira persoa e referir a miña experiencia persoal. Á parte da tradución de novelas para a editorial Hugin e Munin, que se dedica exclusivamente á tradución de obras clásicas, ás veces non moi coñecidas, da literatura universal, fixen unha escolma da obra poética da poeta estadounidense do século xix, Emily Dickinson, que traducimos Manuel Forcadela e máis eu, e que publicou a editora Rinoceronte. Publiquei traballos académicos en lingua inglesa sobre pragmática e tradución de poesía. Xa que a miña lingua materna é o sueco e a miña capacidade en castelán e inglés é practicamente nativa, a decisión de traducir do sueco precisamente ao galego foi a consecuencia dunha invitación do editor de Hugin e Munin. A primeira tradución publicouse en 2013 (Mel de abellón de Torgny Lindgren). Sen unha importante corrección pola parte do editor e dunha correctora profesional da lingua galega normativa, non podería ter seguido nesta liña de traballo. Debido a que a colaboración entre tradutora e editora por forza resulta necesaria para que o resultado sexa óptimo, asínase para cada traballo un contrato detallado ou brief (Nord, 1997), que establece o dereito da editorial a tomar as decisións finais sobre a obra a publicar.
Descargas
Citas
COHN, D. 1978. Transparent Minds: Narrative Modes for Presenting Consciousness in Fiction. Princeton: Princeton University Press.
DAHLGREN, M. 2005. The Flouting of Point of View in Faulkner and Durrell. Vigo: Servizo de publicacións, Universidade de Vigo.
DAHLGREN, M. 2019. Poetry translation and pragmatics. En Tipton & Desilla, (eds.) The Routledge Handbook of Translation and Pragmatics. London: Routledge, pp. 239-256.
GENETTE, G. 1972. Figures III. Paris: Seuil.
KVAM, Sigmund. 2019. Counselling and the translation brief. The role of the translation dialogue in the translation discourse material. En Tipton & Desilla, (eds.) The Routledge Handbook of Translation and Pragmatics. London: Routledge, pp. 295-315.
NORD, C. 1997. Translating as a Purposeful Activity. London: Routledge.
STRINDBERG, August. 1887. Hemsöborna. Skärgårdsberättelse. Facsímile da 1ª ed. Stockholm: Bonniers https://litteraturbanken.se/f%C3%B6rfattare/StrindbergA/titlar/Hems%C3%B6borna1887/sida/iv/faksimil?om-boken.
STRINDBERG, August. 2013. Hemsöborna. Skärgårdsberättelse. En Red. Camilla Kretz, comentarios de Hans Söderström. August Strindberg. Samlade Verk 24. https://litteraturbanken.se/f%C3%B6rfattare/StrindbergA/titlar/Hems%C3%B6borna/sida3/etext.
STRINDBERG, August. 2019. A xente de Hemsö. Tradución do sueco ao galego por Marta Dahlgren. Santiago de Compostela: Hugin e Munin.
TOURY, G. 1995. 2nd ed. Descriptive Translation Studies and Beyond. Amsterdam, Philadelphia: John Benjamins, pp. 53-69.
Descargas
Publicado
Número
Sección
Licencia
Derechos de autor 2023 Marta Dahlgren
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0.