A cuestión é non matar as palabras... (sobre As traizóns de Aquilino Iglesia Alvariño como traduttore)
Résumé
O obxectivo deste traballo consiste en analizar os trazos máis destacados de singular proposta de lingua literaria que Igleia Alvariño ofrece nas súas versións galegas de textos clásicos. Pártese para iso dun artigo do escritor lucense en La Noche, publicado en resposta a certas observacións contidas noutro artigo previo de Manuel Rabanal no mesmo xornal, onde sostén fronte á acusación de supostas traizóns como traductor que a cuestión é non matar as palabras. Tras esta referencia inicial, as páxinas do presente estudio céntranse en examinar a fortuna das traduccións que Iglesia Alvariño fixo dos Carmina horacianos e de A Comedia da oliña de Plauto. Trátase dun proceso de recepción na verdade non exento de polémicas, sobre todo debido ó peculiar xeito de expresión lírica que o autor de Cómaros verdes utiliza nestas versións mesmo como modelo para a evolución do sistema literario galego no xénero poético durante o período de posguerra.