Unha análise de vinte anos de tradución literaria cara ao bretón
DOI :
https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3460Mots-clés :
bretón, traducción literaria, normalización, lingua minorizada, analise cualitativaRésumé
Tras expoñer a importancia da tradución no proceso de consolidación do canon literario das linguas minorizadas, este traballo analiza e resume de xeito pormenorizado os últimos vinte anos de traducións literarias cara ao bretón –dende o comezo do milenio– e abrangue diferentes aspectos: a evolución xeral ao longo do tempo, o público obxectivo, os xéneros e as autoras/es seleccionados para traducir, a variedade de linguas de partida e as tradutoras/ es per se, incorporando a perspectiva de xénero cando for preciso. Como é unha parte fundamental do sector editorial, tamén se inclúe unha comparativa
coas obras orixinais publicadas en bretón durante o mesmo período. Prestouse especial atención a avaliar a iniciativa do Programa de Traducións Literarias como un xeito de determinar e reorientar, potencialmente, a estratexia global para a tradución literaria de aquí en diante