Métodos e estratexias para traduci-las lexías complexas. O caso dos refráns

Autores

  • Áurea Fernández Rodríguez

Resumo

A traducción das paremias ou refráns presenta serios problemas non só polas propiedades que os definen, senón porque son categorías intertextuais que se atopan inseridas noutros contextos.

A discusión das teorías particulares ofrece unha base teórica para dar unhas pautas de cómo buscar e baixo qué dondicións atopa-las solucións máis axeitadas e mesmo explica-las posibilidades e o método para consegui-la equivalencia comunicativa. Se embargo hay que ter en conta que non tódolos textos ofrecen os mesmos problemas. Moitos textos obrigan ó traductor a restituír toda a bagaxe informativa.

A escolla das "equivalencias" no texto meta (TM) debe ser consideradas á luz do contexto no que estes "intertextos" se insiren. O seu sentido está subordinado non só á intención do autor, é dicir, ó propósito retórico global dun texto concreto, senón tamén á súa función na secuencia onde se atopan dentro dun conxunto de bloques que forman o documento, e á aceptabilidade do TM na cultura meta.

A traducción ó galego dun texto xornalístico tirado do diario francés Le Figaro onde se atopan varios exemplos de refráns, serve de base para presenta-la nosa tese e a conseguiente discusión onde se demostra que os condicionamentos mencionados anteriormente desenvolven certas posibilidades de interpretación e anulan outras. Non se trata polo tanto dunha equivalencia única senón de forma máis axeitada e aceptable para as intencións comunicativas.

Con esta análise demóstrase que un método, unhas estratexias ben calculadas, permiten lograr unha equivalencia comunicativa aceptable. A secuencia completa resultante dos refráns que nos ocupan presta apoio ó patrón estructural do texto e está en consecuencia co propósito to TO e ó memo tempo coa aceptabilidade do TM na cultura de chegada , é dicir, na cultura galega.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2020-04-02

Edição

Secção

Teoría e Historia da tradución