Traducción e xénero: O feminismo de Rosalía de Castro traducido ó inglés

Autores

  • Iria González Liaño

Resumo

Este artigo quere pór de manifiesto a importancia da traducción como instrumento de recuperación e de expansión de obras esquecidas ou voluntariamente silenciadas polo seu contido ou autoría. Así, a teoría da traducción feminista pretende sacar á luz aquelas obras escritas por mulleres que colaboran na reivindicación dun pensamento común en defensa da muller. Analizando concretamente as traduccións de Kathleen March para o inglés das obras máis comprometidas de Rosalía de Castro, descubrimos as estratexias que pon en marcha a traductora para achegar o pensamento feminista rosaliano a un receptor alleo á cultura de orixe, influíndo nel a través dunha intervención ideolóxica.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2020-04-02

Edição

Secção

Teoría e Historia da tradución