A interpretación en Galiza: unha profesión emerxente
Palavras-chave:
Interpretación, Tipos de interpretación, Mercado galego da interpretaciónResumo
Dez anos despois da implantación da Licenciatura de Tradución e Interpretación (T/I) na Universidade de Vigo, pensamos que chegou o momento de facer un primeiro balance. Tendo en conta que a interpretación é a grande descoñecida mesmo no propio ámbito universitario, comezaremos por definir a interpretación en tanto que institución social, para seguir coa descrición do papel do intérprete. Despois comentaremos as distintas técnicas e ámbitos da interpretación, coa intención de subliñar a estreita relación que esta mantén co mercado laboral, e remataremos cunha breve descrición sobre as oportunidades laborais que ofrece esta profesión, tanto sobre as xa explotadas coma sobre as que aínda no foron obxecto de atención por diferentes razóns. Agardamos que con esta exposición se tome conciencia, tanto ámbito académico coma no extraacadémico, da importancia desta especialidade e se consiga que as grandilocuentes e a miúdo baleiras apelacións á colaboración entre a sociedade e a universidade se transformen en iniciativas auténticas e concretas. Se a universidade quere de verdade tender pontes cara á sociedade e cubrir as súas demandas de profesionais debería deixar de empregar criterios exclusivamente economicistas e escoitar esta chamada dunha profesión que desempeña un papel tan importante na comunicación entre os pobos, as culturas e os profesionais de calquera campo do máis alto nivel.