Notas sobre a primeira tradución do Ulyses de Joyce ao catalán

Autores

  • Alberto Lázaro

Palavras-chave:

Ulises, Joyce, Vidal Jové, primeira tradución catalá, censura

Resumo

Na actualidade, varias traducións completas do Ulyses de Joyce coexisten no territorio español. A primeira publicouse en 1945, en Arxentina, unha tradución de José Salas Subirat, que chegou a España por primeira vez grazas á Editorial Planeta, no ano 1964. Outra tradución é a de José María Valverde, que apareceu en 1976, un ano despois da morte de Franco. Máis recentemente, en 1999, publicouse a edición de Francisco García Tortosa. Por último, está a tradución ao
catalán de Joaquim Mallafrè, no ano 1981. A estas catro versións deberíamos engadir outra tradución completa ao catalán que nunca viu a luz, e que está gardada agora nunha caixa do Arquivo Xeral da Administración, en Alcalá de Henares. É unha copia manuscrita dividida en catro volumes, en cuxa portada aparece o nome do autor, J. F. Vidal Jové, ademais do nome dos revisores, G. J. G. Cheyne, da universidade de Newcastle, e o Dr. A. F. Cheyne, da Casa Editorial A.H.R. A tradución esta datada no 1966, dez anos antes da tradución de Valverde e quince anos antes que a de Mallafré. A censura española só autorizou a impresión de 1.000 exemplares desta obra para a colección Renaixença, pero nunca foi publicada en solitario. O obxectivo deste artigo é aclarar en certa medida o misterio que rodea a existencia desta tradución, así como facerlle unha homenaxe ao escritor e tradutor catalán Joan Francesc Vidal Jové, que fixo un gran labor ao traducir o Ulysses de Joyce pero nunca se lle recoñeceu o seu mérito

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2020-04-14

Edição

Secção

Informacións