Aproximación filosófica á figura do tradutor: o retrato do tradutor de Ortega y Gasset

Autores

  • Pilar Ordóñez López

Palavras-chave:

Ortega y Gasset, a figura do tradutor, tradutoloxía contemporánea, historia da tradución

Resumo

Malia a consolidación da tradutoloxía como disciplina sui generis e do denominado «xiro cultural» experimentado desde os anos oitenta, o personaxe do tradutor continúa situado nunha posición subsidiaria, especialmente desde o punto de vista social e, por veces, tamén profesional, como apuntaron autores como Venuti (1995), Bassnett (1996) e Leech (2005). Do mesmo xeito, a bibliografía tradutolóxica contemporánea parece prestar escasa atención á figura do tradutor. Hai ben poucos estudos dedicados aos artífices da tradución, á parte dos mencionados anteriormente. Ante esta situación, semella especialmente relevante revisar a achega de Ortega e Gasset ao tradutor, contida no seu ensaio Miseria e esplendor da tradución (1937). A ollada orteguiana ao personaxe do tradutor constitúe un retrato filosófico e humano destes profesionais que sementou un notable grao de controversia entre os teóricos da tradutoloxía contemporánea.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2020-04-20

Edição

Secção

Teoría e Historia da tradución