O Dicionario moderno inglés-galego

Autores

  • Alberto Álvarez Lugrís

Palavras-chave:

Diccionario moderno inglés-galego, corpus CLUVI, lexicografía

Resumo

O Diccionario moderno inglés-galego está compilado a partir do Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI), composto por máis de 20 millóns de palabras procedentes de textos orixinais e traducións en seis linguas: alemán, castelán, euskara, francés, galego, inglés e portugués; o dicionario elaborouse a partir das seccións que conteñen a combinación inglésgalego: TECTRA (subcorpus de textos literarios), LOGALIZA (localización de software), VEIGA (subtitulación de películas) e UNESCO (texto íntegro de 32 números d’O Correo da Unesco). Na elaboración e do diccionario partiuse do corpus etiquetado para establecer equivalencias entre palabras dos textos ingleses e dos textos galegos, seleccionándoas en función da súa frecuencia. Despois de obter esta lista de lemas, redactáronse as entradas, que poden incluír tamén unidades fraseolóxicas, americanismos, observacións gramaticais e de uso e notas de tradución. Outra característica novidosa deste dicionario é que tódolos seus exemplos son reais, completos, contextualizados e identificados.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2020-04-22

Edição

Secção

Instrumenta e formación