Xogo de reflexividades: a antropoloxía como aliada para repensar a interpretación social

Autores

  • Cristina Marey-Castro Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3462

Palavras-chave:

interpretación social, antropoloxía social, reflexividade, transferencia, contratansferencia

Resumo

Nunha investigación anterior1, propuxérame reflexionar sobre o que acontece cos prexuízos na interpretación social, en particular en contextos estigmatizados como as situacións de violencia de xénero e as situacións de prostitución. Para iso, valérame de fontes documentais que proviñan dos estudos da interpretación e do campo da psicoterapia, no que dera con algúns conceptos que me permitiran nomear certos procesos que, dende o meu punto de vista, se poñen en xogo no encontro entre as intérpretes e as persoas interpretadas. Ora ben, malia que non desboto a utilidade dese enfoque nun primeiro achegamento, o obxectivo desta proposta é moverse dese marco e suxerir a antropoloxía social como un campo do que botar man para analizar as experiencias da interpretación sen perder o eixe da estrutura social e da axencia das persoas interpretadas. A través do diálogo multidisciplinario con fontes documentais e con estudos da antropoloxía social, dos estudos da interpretación e da tradución e da socioloxía, propoño a reflexividade (Guber, 2001, 2004 [1991]) como unha categoría frutífera a partir da que pensar as interaccións na interpretación social, un labor antropolóxico.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2021-04-13

Edição

Secção

Teoría e Historia da tradución