As coedicións de literatura infantil e xuvenil: Reflexo da realidade

Autores

  • Mónica Domínguez Pérez Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3463

Palavras-chave:

Coedición, literatura infantil e xuvenil, historia da literatura, tradución, teoría dos polisistemas

Resumo

Neste traballo, pártese da teoría dos polisistemas para analizar as coedicións de literatura infantil e xuvenil entre as literaturas do ámbito español: a castelá, a catalá, a vasca e a galega. A través das coedicións realizadas e do xeito en que foron producidas e recibidas, pódese observar a situación en que se encontraban os diferentes polisistemas implicados durante o período estudado: 1940-1980. Como conclusión xeral, pódese dicir que as institucións da literatura castelá apenas participan nas coedicións debido á posición central desta literatura no ámbito español. A literatura catalá, pola contra, lidera as relacións
de coedición, reflectindo así non só un maior desenvolvemento desta literatura, mais tamén un interese por fomentar outros polisistemas periféricos do ámbito español. Pola súa parte, as literaturas galega e vasca encontrábanse nunha situación máis precaria, e xa que logo, a súa participación nas coedicións foi menos activa e máis inestable

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2021-04-13

Edição

Secção

Teoría e Historia da tradución