Socialización bilingüe infantil en Galicia
intervencións conversacionais de nenos en educación infantil
DOI:
https://doi.org/10.35869/hafh.v24i2.4121Palabras clave:
Socialización, Bilingüismo, Alfabetización, Etnografía da aula, Tarefa conxuntaResumo
O presente artigo amosa o traballo de campo realizado nunha escola dunha zona castelán-falante en relación
coas intervencións conversacionais de nenos de Educación Infantil escolarizados en galego. Este alumnado, de familias
castelán-falantes na súa maioría, realiza contribucións verbais dentro dunha das actividades alfabetizadoras denominada
‘‘proposición de palabras’’ que ten lugar dentro da rutina escolar máis importante, o Tempo de Asemblea. Grazas a esta
actividade, estes nenos e nenas aprenden a planificar as súas intervencións tras recibir instrucións nas que, para eles, sería
xa unha segunda lingua: o galego. A metodoloxía empregada para este traballo consistiu nunha observación semi-participante
acompañada de notas etnográficas tomadas no momento das visitas, así como de gravacións de voz das interaccións
presenciadas na aula, gravacións que posteriormente serían transcritas e analizadas. Os resultados obtidos a partir
da análise destes datos mostran que o alumnado escollido non presenta confusión ao entender e realizar as tarefas pedidas pola mestra, quen utiliza como código base o galego. Con este traballo ponse de manifesto como a escolarización nesta lingua non é prexudicial para os discentes.