Cooperativas lácteas de Galicia (Colaga): Resposta a unha necesidade obxectiva

Autoras/es

  • Xosé Luis Saco

Resumo

A empresa láctea galega -Competencia europea, cotas e política de abandonos; reordenación da industria láctea ... - reclama do sector productor a toma de posicións a través de estructuras de integración (entidades asociativas agrarias, cooperativas) no proceso integral do ciclo económico do leite, mellorando a relación calidade/prezo e sen demorarse. Os gandeiros lácteos leñen apostado pola integración cooperativa, tendo sido isla opción afortalada na historia recente, polas avantaxes que proporciona cando se toma como referencia temporal o ciclo de 4-6 anos. Compre, con todo, a intercooperación no sector -formado por un setestrelo de pequenas cooperativas- e aí anda COLAGA. Examínase a situación do cooperativsmo lácteo galego na enfilación da constitución dun xerme de proxecto integrador, onde 16 constituiron en Maio do 91 COLAGA, pretendendo encarar tanto a solución ó problema de LARSA como a capacidade de negociación, calidade, recoñecemento, xestión e planeamento operativo; proposta de comportamento da Administración e fomento da Economía Social. COLAGA atinxe a 3.226 explotacións lácteas, constituíndo o terceiro grupo cooperativo lácteo e representa o 40% do leite entregado á industria polas entidades asociativas galegas, cunha media por explotación de 50.000 litros/ano e 15 vacas, e unha producción-láctea que acaso acadará 200 millóns de litros. O plan estratéxico de COLAGA consiste en a) promove-la integración con carácter empresarial que apunte a desenvolver un proxecto industrial-comercializador; b) propoñer un proxecto lácteo galego que defenda o sector productivo, industrial e cooperativo do leite de Galicia.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-09

Número

Sección

Artículos