O movemento sindical e as organizacións autoxestionadas na industria

Autoras/es

  • Xosé Henrique Vázquez Vicente

Resumo

Faise unha análise da relación histórica entre o movemento sindical e o movemento cooperativo, destacando algúns elementos da lóxica sindical que puideron explicar a súa separación e mesmo o seu rexeitamento da liña autoxestionaria: a concepción da clase obreira como concepto onde non cabe o de socio-traballador que caracteriza ás cooperativas; a lóxica de reivindicación-confrontación ou mesmo o feito de que a pervivencia do proletariado poida ser entendida como condición de supervivencia dos sindicatos. Recóllense experiencias nas que os sindicatos deron un apoio efectivo á constitución dun modelo de desenvolvemento económico autoxestionario: destacadamente Israel e a ex-Iugoslavia. Analízase tamén o papel dos sindicatos en catro SALes galegas. Hoxe por hoxe os sindicatos teñen que respostar ás necesidades empresariais de economía social no se papel de amortecedor ante a crise: 1) velar porque os procesos de transformación de empresas na crise sexan be proxectados e claros para os traballadores; 2) buscar axuda financeira da Administración; 3) defende-la solidariedade contra a autoexplotación; 4) procurar asesoramento e formación.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-16

Número

Sección

Artículos