Sobre a intervención técnica externa na organización cooperativa.

Autoras/es

  • Ana Rosa Lorenzo Vila

Resumo

Sobre a base da experiencia en asesoramento en cultura organizativa a cooperativas, proponse un novo estilo de relación experto - cliente (equipo asesor - grupo de cooperativistas) con máis participación e aprendizaxe mutuos: o papel do asesor en relación ó grupo cooperativista debe ser de simetría e corresponsabilidade. As diferencias de análise e de expectativas no interior do grupo cooperativista e as diferencias entre estes e os técnicos son valiosas, a ?ua superación quere chegar a un acordo que pasa pola discusión e argumentacións e profundiza na análise. É necesario tamén concebir un método de avaliación sobre os resultados da intervención, que axuda a que o proceso de cambio e de opción organizativo sexa máis permanente e máis arrequentado pola experiencia: é o propio grupo cooperativista que analiza e direxe a propia experiencia. O papel do equipo asesor é o de facilitador da aprendizaxe grupal e de poñer o seu saber ó dispor do grupo cooperativista. EXpóñense os problemas e os estilos de resolución de modelos de relación simétrica e da redundancia potencial (evita-la reproducción da dependencia do cliente respecto do equipo técnico).

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-16

Número

Sección

Artículos