Os traballadores, o capitalismo e a propiedade colectiva como estratexia de supervivencia e de sociedade: rastreando o debate histórico.

Autoras/es

  • Lia Vargas Tiriba

Resumo

A autora reubica o conxunto de iniciativas económicas e sociais realizadas polas clases populares nos países do Terceiro Mundo no proceso de loita desas mesmas sociedades para a transformación social e o novo desenvolvemento. Máis concretamente o obxectivo do artigo é reflexionar sobre os desafíos e límites das estratexias populares de supervivencia no Terceiro Mundo. O artigo está estructurado en catro partes diferenciadas. En primeiro lugar aborda a aproximación marxista ó tema do "traballo, a propiedade e a enaxenación", recalcando que nas condicións impostas polo capital o productor non domina nin o proceso nin o obxecto da producción. Es segundo lugar, a autora aborda as experiencias de traballo asociado no interior dos países capitalistas do Terceriro Mundo, sintetizando a súa complexidade nunha esclarecedora afirmación de Kabunda: "aínda pose existir a vida en África, gracias á capacidade creativa dos africanos para desenvolver estratexias populares de supervivencia". Na análise empírica das experiencias asociativas no Brasil remarca os esforzos cualitativos de articulación que están a realizar algunhas destas iniciativas populares. Analiza posteriormente o pensamento marxista que insiste no valor refencial da toma de poder político polo proletariado para cimentar a unión dos traballadores. A autora aborda, neste sentido, a natureza da xénese dun novo modo de producción no interior do antigo e no conxunto da historia da humanidade, para aplicar esta lóxica ó nacemento e desenvolvemento do socialismo no interior do capitalismo. En terceiro lugar aborda a formulación dada polo pensamento social-demócrata europeo á análise destas experiencias asociativas no interior do capitalismo, revisando a formulación marxista segundo a cal "non se poden transferir os medios de producción ó dominio da comunidade sen estar en posesión do poder político", porque as diferentes unidades productivas están suxeitas ás leis do intercambio capitalista. En cuarto lugar, reubica os límites e desafíos da socialización da producción no ámbito do capitalismo, xerando un novo discurso que , por  unha banda, defende que a autoxestión obreira consiste na participación directa dos productores/as na toma de decisións básicas na empresa e, por outra, precisa que a cualidade dos movementos populares acarreta como presuposto a conquista do poder do Estado. En coherencia coa lóxica exposta, a autora enfatiza que a organización dos traballadores/as para xestionaren eles mesmos os rumbos da producción é parte integrante dos chamados "novos movementos sociais"; "redefine a calidade total" como a necesidade de repensar o contido e a organización do traballo; e trata de dar unha orientación a estas estratexias de supervivencia para que se consoliden como estratexias de vida.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-16

Número

Sección

Artículos