Os instrumentos de política forestal en Galicia. Os montes veciñais en man común do baixo miño.

Autoras/es

  • Manuel González Gómez

Resumo

Os cambios acontecidos nas últimas décadas no mundo rural galego non permitiron acadar un equilibrio no aproveitamento da maioria das terras a monte. Este desequilibrio estructural maniféstase nun esaxeradísimo número de incendios rexistrados que aumentan o risco; penalizan os investimentos no monte, especialmente en turnos longos; causan unha moi deficiente capitalización e provocan un abandono e desinterese da poboación polo mesmo, chegando a constituír un verdadeiro círculo vicioso.

Galcia conta con competencias no sector para o deseño dunha política forestal que permita acadar un modelo equilibrado de aproveitamentos e ademais coa vantaxe de dispoñer dunha importante e crecente contía de fondos de financiamento da Unión Europea dentro da reforma da Política agrícola Comunitaria (PAC). Ademais de ser imprescindible deseñar un mapa de demandas reais da poboación verbo do monte, faise necesario dispoñer dun coñecemento exhaustivo dos intrumentos a aplicar.

A Economía Forestal pode contribuír a ámbolos dous obxectivos. Este traballo céntrase no segundo analisando as ferramentas de intervención pública en materia forestal e poñendo énfase nos seus resultados. Analisamos as consecuencias sobre a xeración de output da utilización de diferentes fórmulas de intervención de montes veciñais en man común que é a forma de propiedade mais importante nas explotacións forestais maiores de 20 ha. nacomunidade Autónoma de Galicia. Esto quere dicir que por primeira vez se comparan diferentes formas de intervención pública no ámbito forestal en Galicia mediante os datos dos fluxos asociados a diferentes fórmulas de xestión (privada-veciñal, pública, mixta e derivada de protección da natureza)  e tendo tamén en conta output sen mercado. Concluímos que unha mellora na eficiencia e efectividade de xestión na utilización dos montes galegos para por poñer en marcha instrumentos de non mercado que garantan os mínimos e produzan un equilibrio entre o financiamento da colectividade e o dos propietarios forestais. A partir destas mínimas garantías de efectividade é necesario sistematizar e información resultado da xestión das explotacións forestais e establecer procedementos que permitan inmunizar a política forestal contra fenómenos de "lobbying" ou "rent-seeking" na fixación de obxectivos e utilización de instrumentos máis eficientes.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-20

Número

Sección

Artículos