Medidas para a mellora da organización da producción en cooperativas da confección.
Abstract
Examínanse as características e factores limitativos das cooperativas galegas da confección e propóñense os liñamentos dun programa que redimensione/especialice as empresas; aborde a cualificación técnico-profesional especialmente das xefas de taller (clave da organización da producción e do bo funcionamento da cooperativa); estableza plans empresariais, fixación de políticas, obxectivos e determinación de funcións e responsabilidades; utilice novas técnicas de organización do traballo (na dirección da asistencia mútua, polivalencia e traballo en equipo). Expóñense unhas medidas de actuación para as que é decisiva a responsabilidade da Administración Pública.
Downloads
Download data is not yet available.