FONTES APLICABLES ÁS COOPERATIVAS DE CRÉDITO QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NUN ÁMBITO TERRITORIAL SUPRAAUTONOMICO OU ESTATAL

Autores/as

  • Xacobo Izquierdo Alonso

Resumen

A “Junta de Andalucía” formulou recurso de inconstitucionalidade contra o artigo 54 da Ley 55/1999, de 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orde social, polo que se daba unha nova redacción ao artigo 104 da Lei 27/1999, de 16 de xullo, de cooperativas 1 .

En síntese, o recurso da “Junta de Andalucía” basease nos seguintes fundamentos (Antecedente 1):

  • Extralimitación competencial do Estado fronte á Comunidade Autónoma de Andalucía.
  • Infrinxese o previsto no art. 13.20 EAnd a través dunha Lei ordinaria non básica: o Estado carece de competencias sobre cooperativas.
  • O anterior supon unha doble vulneración das competencias autonómicas (material: invade ámbitos competenciais alleos ao Estado; formal: lévase a cabo a través dunha norma non básica).
  • Ademais, o precepto impugnado contradí a Lei 13/1989 de cooperativas de crédito (art. 2) e a Lei Andaluza de Cooperativas, quedando así afectado o sistema de reparto constitucional de competencias.
  • Finalmente sostense que a extraterritorialidade non representa un criterio constitucional de atribución de competencias a favor da Administración do Estado.
  • Solicítase así a declaración de inconstitucionalidade do art. 54 da Ley 55/1999, en canto modifica o art. 104 da Lei 27/1999, por invasión competencial.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2019-06-19

Número

Sección

Actualidade Xurídica