OS MÓDULOS DOS BATEEIROS NO IRPF
Palabras clave:
cuantificación dos tributos, determinación da base impoñible, determinación obxectiva, actividade de produción do mexillón en bateaResumen
Dende o ano 2003 estableceuse no noso país a posibilidade de que os bateeiros, que sexan contribuíntes do IRPF, poidan aplicar un réxime de determinación obxectiva na cuantificación do tributo que deben satisfacer. A normativa permite que o rendemento da actividade de produción do mexillón en batea se determine a partir duns módulos (o persoal asalariado, o persoal non asalariado e o número de bateas). Trátase dun réxime de aplicación voluntaria pero, ao ser necesaria a renuncia previa, é preciso que os bateeiros o consideren de antemán de cara ao pago do imposto e mesmo na organización da súa propia actividade económica. Os “módulos” preséntanse coma unha economía de opción que pode funcionar coma incentivo aos contribuíntes e lles permite tributar sen demasiadas complicacións e sen ter en conta estritamente os seus ingresos e gastos. Ao seu estudo e crítica detallados dedicamos este traballo.