Por unha política industrial activa
Resumen
Aprézase a actual crise industrial galega coma unha crise do modelo de desenvolvemento "que aínda 15 anos máis tarde non ten alternativa", caracterizánse por: 1) inexistencia de novos proxectos industriais de envergadura; 2) ausencia de investimentos estranxeiros; 3) Reducción da capacidade de producción e do emprego das grandes empresas; 4) gran mortandade de empresas; 5) destrucción do 20% do emprego industrial (76-86). As políticas aplicadas agravaron o proceso que decima o capital e o emprego industrial (a política de reconversión / reindustrialización do goberno central; a política de reindustrialización -ZUR.ZIS-; marxinación dos programas de infraestructuras do goberno central; ausencia da Administración da Xunta nos procesos de definición dos proxectos industriais; escaqueo do INI). Propóñense os liñamentos dun novo modelo de desenvolvemento industrial e apúntase os instrumentos: planeamento democrático, gran esforzo dinamizador do sector público, elaboración de plans por bisbarra, programas sectoriais, mantemento do tecido industrial e nova política de desenvolvemento territorial.