AS EMPRESAS COOPERATIVAS: UNHA OPORTUNIDADE PARA A IGUALDADE, A INTEGRACIÓN E O DESENVOLVEMENTO
Resumo
Dende as súas orixes, o movemento cooperativo, tivo entre os seus obxectivos o de contribuír a paliar ou mellorar as condicións de vida da forza de traballo. Na actualidade o mercado laboral ten mudado ao mesmo tempo que o facían as estruturas sociais e, na actualidade, dous dos grandes retos sociais pasan pola equiparación de homes e mulleres no mercado laboral e pola integración dos inmigrantes.
As empresas cooperativas, constitúen unha figura societaria cuia personalidade, filosofía é característica pode contribuír particularmente á igualdade é a integración e, a través da incorporación de novos activos á produción e da creación de espazos de participación social, ao desenvolvemento.
Para a verificación da nosa tese, nun primeiro apartado analizamos a idea de desenvolvemento, poñendo de manifesto como a aspiración de igualdade social se sitúa no cerne mesmo desta idea. Así mesmo se sinala, como a participación social constitúe un dos requisitos necesarios para a súa consecución.
Nun segundo apartado analízase someramente, as características do mercado laboral actual, a efectos de establecer como efectivamente algúns colectivos, en particular as mulleres e os emigrantes, amosan unas particulares dificultades para incorporarse a el en condicións de igualdade.
A continuación se introduce o papel dos factores sociais na creación de riqueza, entre os que cabe contar a incorporación da muller ao mercado laboral. Para rematar a nosa análise, se xustifica a particular capacidade das cooperativas para viabilizar a incorporación á actividade dos colectivos insuficientemente integrados no mercado laboral.