É todo tradución? — Elementos socioculturais, neurocientíficos e meméticos para unha teroría holística da para/tradución (I)
Palabras clave:
Identificación tradutiva, neuronas espello, memética, unicidade das linguas, perspectiva ideográfica vs. nomotética, trama paratradutiva, dialéctica de tradicións/traducións, principio de relatividade tradutiva, consciencia tradutiva, tradución desconstrutiva, devir tradutivoResumo
O presente estudo parte do concepto de para/tradución e da súa aplicabilidade holística, explorando algunhas das súas potencialidades a partir dos enfoques sociocultural (identidades instituídas e instituíntes), neurocientífico (neuronas espello), sociobiolóxico (memética) e filosófico (unicidade das linguas). Para asentar algunhas bases epistemolóxicas dunha posíbel teoría de para/tradución, relaciónanse determinados fenómenos e conceptualizacións a partir das perspectivas ideográfica e nomotética, tradicionalmente opostas: A idea de identificacións tradutivas a operaren desde unha trama paratraductiva, a dialéctica das tradicións e traducións, estabelécese como principio da relatividade tradutiva. En analoxía cos procesamentos en rede neuronais, desenvólvese a hipótese dunha consciencia tradutiva na que as traducións e interpretacións - e tamén universais como eu, suxeito, etc - fucionan como versións de uso. Propóñense as potencialidades da memética como escrita ou tradución desconstrutiva dentro dunha concepción da evolución cultural como devir tradutivo.