É todo tradución? — Elementos socioculturais, neurocientíficos e meméticos para unha teroría holística da para/tradución (I)

Authors

  • Burghard Baltrusch

Keywords:

Identificación tradutiva, neuronas espello, memética, unicidade das linguas, perspectiva ideográfica vs. nomotética, trama paratradutiva, dialéctica de tradicións/traducións, principio de relatividade tradutiva, consciencia tradutiva, tradución desconstrutiva, devir tradutivo

Abstract

O presente estudo parte do concepto de para/tradución e da súa aplicabilidade holística, explorando algunhas das súas potencialidades a partir dos enfoques sociocultural (identidades instituídas e instituíntes), neurocientífico  (neuronas espello), sociobiolóxico (memética) e filosófico  (unicidade das linguas). Para asentar algunhas bases epistemolóxicas dunha posíbel teoría de para/tradución, relaciónanse determinados fenómenos e conceptualizacións a partir das perspectivas ideográfica e nomotética, tradicionalmente opostas: A idea de identificacións tradutivas a operaren desde unha trama paratraductiva, a dialéctica das tradicións e traducións, estabelécese como principio da relatividade tradutiva. En analoxía cos procesamentos en rede neuronais, desenvólvese a hipótese dunha consciencia tradutiva na que as traducións e interpretacións - e tamén universais como eu, suxeito, etc - fucionan como versións de uso. Propóñense as  potencialidades da memética como escrita ou tradución desconstrutiva dentro dunha concepción da evolución cultural como devir tradutivo.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-04-13

Issue

Section

Teoría e Historia da tradución