A tradución de A peste: un clásico que nos interpela máis ca nunca

Autoras/es

  • Xavier Senín Universidade de Vigo
  • Isabel Soto Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3470

Palabras clave:

Albert Camus, alegoría, clásico, Hugin e Munin, intertextualidade, polisemia, sistema literario galego, tradución ao galego

Resumo

Partindo da consideración de A peste de Albert Camus como clásico, ausente no sistema literario galego até a súa publicación en 2018 pola editorial Hugin e Munin, os tradutores abordan neste artigo o reto que supuxo transvasar os diferentes tons e elementos discursivos da novela sen perderen a funcionalidade que posúen na lingua orixinal. Deste xeito, achegan claves de lectura que iluminan o texto e que tiveron en conta na súa translación. Detéñense na análise dos personaxes, que encarnan cadansúa actitude representativa do ser humano ao se veren enfrontados á traxedia, e apuntan as conexións existentes
entre A peste e outros textos de Camus, os cales revelan como a novela, dende a ficción, complementa o expresado en diferentes ensaios. Reparan así mesmo no papel das personaxes femininas segundo a súa presenza ou a súa ausencia. Conclúen salientando as connotacións alegóricas e polisémicas do concepto peste.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2021-04-13

Número

Sección

Traducións xustificadas