A tradución de A peste: un clásico que nos interpela máis ca nunca
DOI:
https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3470Schlagworte:
Albert Camus, alegoría, clásico, Hugin e Munin, intertextualidade, polisemia, sistema literario galego, tradución ao galegoAbstract
Partindo da consideración de A peste de Albert Camus como clásico, ausente no sistema literario galego até a súa publicación en 2018 pola editorial Hugin e Munin, os tradutores abordan neste artigo o reto que supuxo transvasar os diferentes tons e elementos discursivos da novela sen perderen a funcionalidade que posúen na lingua orixinal. Deste xeito, achegan claves de lectura que iluminan o texto e que tiveron en conta na súa translación. Detéñense na análise dos personaxes, que encarnan cadansúa actitude representativa do ser humano ao se veren enfrontados á traxedia, e apuntan as conexións existentes
entre A peste e outros textos de Camus, os cales revelan como a novela, dende a ficción, complementa o expresado en diferentes ensaios. Reparan así mesmo no papel das personaxes femininas segundo a súa presenza ou a súa ausencia. Conclúen salientando as connotacións alegóricas e polisémicas do concepto peste.