Traducción científica e normalización lingüística
Abstract
Nesta conferencia lida no IV Congreso de Asociación de Traductores Galegos (ATG) celebrado na Universidade de Vigo reflexiónase sobre as ideoloxías que conducen os estudios, prácticas académicas e dinámicas sociais da traducción en Galicia. Con este fin realízase un exercicio de deconstrucción critica a partir dos cinco primeiros números de Viceversa, a revista da ATG, intentando desenmarañar os presupostos teóricos que se manexan en torno ó proceso lingüístico e cultural que supón traducir ó galego e, en particular, os efectos que se poden derivar da mímese de modelos nacionais pouco adecuados para o galego. A este respecto, proponse que o debate sobre a traducción como contribución á normalización lingüística, defendéndose como programa alternativo (1) a diversificación das linguas que serven de fonte ó galego, (2) a necesidade de coidar e someter a crítica as traduccións fronte ás estratexias que promoven a "traducción masiva", e (3) a posibilidade de reestructurar o espacio diglósico tradicional de maneira que a traducción científica ó galego se concentre en textos prácticos de ensino e divulgación científica e se deixe para o inglés o ámbito internacional da ciencia de elite.