Perspectiva histórica da tradución para a dobraxe ao catalán, éuscaro e galego
DOI:
https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3455Schlagworte:
Dobraxe, linguas ibéricas, traducción audiovisual, normalización linguísticaAbstract
No presente traballo analizamos a evolución das industrias da tradución para a dobraxe ás linguas catalá, éuscara e galega, centrándonos no papel que desenvolveron as televisións autonómicas públicas de cada espazo, nomeadamente Televisió de Catalunya (TV3) coa lingua catalá, Euskal Telebista (ETB) coa lingua vasca e a Televisión de Galicia (TVG) coa lingua galega. Así mesmo, ofrecemos tamén unha comparativa sobre a situación da dobraxe nestas tres televisións (con datos dos anos 2015 e 2016) mediante unha análise cuantitativa e cualitativa das producións obxecto de tradución audiovisual para esta modalidade. Finalmente, as conclusións obtidas permitirán contrastar o estado desta industria nestes tres espazos e elaborar, a partir dos datos obtidos, estudos novos para afondar na relación entre dobraxe e normalización lingüística.