Análise de Subtitle legends como ferramenta de formación para a tradución audiovisual e multimedia
DOI:
https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3466Schlagworte:
Tradución, formación, videoxogos, audiovisual, multimediaAbstract
Dentro da formación de futuros profesionais da tradución, bótanse en falta máis ferramentas coas que traballar no ámbito da tradución audiovisual e multimedia, xa que se trata de traballar coa pantalla e os métodos de aprendizaxe tradicionais non logran recrear plenamente as situacións reais que pode atopar un tradutor profesional durante o desenvolvemento do seu labor. Nun intento de afrontar esta carencia de ferramentas, un grupo de investigación e un estudio de creación de videoxogos colaboraron para crear Subtitle Legends, unha ferramenta pensada especificamente para traballar as competencias en linguas estranxeiras e de tradución. No presente estudo analizamos as opcións que ofrece a ferramenta, así como as súas posibilidades dende un punto de vista formativo. Ademais, ofrecemos os resultados obtidos
ao empregar esta aplicación nunha pequena proba feita nunha aula de posgrao.