Análise comparativa das traducións ao galego de Alice's Adventures in Wonderland

Autores

  • Laura Abel Asorey Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3457

Palavras-chave:

Alicia no país das marabillas, literatura inglesa, dificultades e estratexias tradutolóxicas, tradución en Galicia

Resumo

A obra de Lewis Carroll, Alice’s Adventures in Wonderland, supuxo a ruptura coa literatura británica infantil e xuvenil anterior ao século XIX. Obra en que as fronteiras da lóxica e o irracional non están delimitadas no mundo onírico da protagonista. A súa riqueza e extravagancia chegou ata a nosa cultura grazas ás traducións de diversos autores, que permitiron a aproximación a unha obra que despois de 150 anos aínda continúa a ser unha das máis lidas e que desvelou infinitas interpretacións ante a lectura dun público adulto. Co presente traballo pretende amosarse unha proposta de análise contrastiva das
dúas traducións ao galego do clásico, comentando e valorando elementos da obra orixinal que o propio Lewis Carroll consideraba como intraducibles. Nesta análise recóllense os principais problemas tradutolóxicos e as diferentes estratexias tomadas nas súas versións a galego, amosando a importancia das decisións tomadas por parte dos tradutores para a comunidade sociocultural de chegada.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2021-04-13

Edição

Secção

Teoría e Historia da tradución