O EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DISCIPLINARIAS NUNHA COOPERATIVA: EXPULSIÓN DE SOCIO MEMBRO DO CONSELLO RECTOR

Autoras/es

  • Xacobo Izquierdo Alonso

Resumo

D. Alfredo demanda na Primeira Instancia á “Cooperativa Agraria San Ginés y San Isidro, SCA”. Os pronunciamentos da Sentenza do Xulgado nesa Primeira Instancia comprenden tres puntos: 1, a declaración de que o órgano competente para a sanción disciplinaria de D. Alfredo na súa condición de tesoureiro é a Asemblea Xeral, por se tratar dun membro do Consello Rector; 2, a declaración da nulidade de pleno dereito de senllos acordos do Consello Rector polos que se comunicaba a incoación de expediente disciplinario contra o demandante e se acordaba a súa expulsión, e elo por ter sido adoptados por un órgano incompetente e non constar acreditada a falta que se lle imputaba a aquél; 3, a condena á Cooperativa demandada a repoñer a D. Alfredo no seu cargo de tesoureiro (e necesariamente como socio) durante o tempo que lle restaba cando foi irregularmente privado do mesmo e expulsado da cooperativa. Por posterior auto aclaratorio incluiríase neste terceiro pronunciamento a expresión “a contar desde la presente resolución”.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2019-06-19

Número

Sección

Actualidade Xurídica