As cooperativas de confección textil e o seu futuro. A intercooperación como ferramenta estratéxica.

Autoras/es

  • Arcadi Vilert

Resumo

Facer propia a decisión de que producto-mercado nos interesa é a pre-condición para manterse con dignidade na viabilidade dunha cooperativa de confección. Discútense os liñamentos dunha metodoloxía que permita supera-la indefensión e vertebrar un modelo que facilite o acceso directo ó mercado: a) modifica-lo dimensionado medio das cooperativas; b) a intercooperación facilitando o cambio de dimensionado e o tecido de apio -salientemente, os servicios estratéxicos-; "Trátase de ir consorciando cooperativas ata acada-los dimensionados óptimos para cada obxectivo común". Sinálase unha enxeñería organizativa que se formularía tres niveis de intervención apuntando ós dimensionados óptimos para cada obxectivo (mellora-lo concepto taller de confección; acada-lo nivel  empresa de confección; conseguir marca propia de mercado). "Estar en condicións de mercado é saber que se pode garantir unha calidade e unha planificación, e sabe-lo que se pode pedir e esixir por elo". Dos catro estadíos (venda de forza de traballo / taller de confección / producción para o mercado / marca), existe un dimensionado mínimo (22-30 traballadores) por debaixo de que só caibe a subcontratación de operacións ailladas sen ningunha expectativa de captación de valor engadido. Proponse un plan de traballo focado no afortalamento de capacidade de representación, corrección do insuficiente dimensionado, consorciación ata niveis operativos para a xestión empresarial e mais para o acceso ó producto propio.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-09

Número

Sección

Artículos