China: a propiedade social no contexto da reforma económica.
Resumo
Abórdanse as distintas formas de propiedade económica chinesa, prestando atención á evolución histórica daquelas formas situadas entre a propiedade individual e a propiedade estatal. Destácase, así, o importante e crecente papel das formas de propiedade colectiva non estatal, primeiro máis propias das explotacións agrarias (comunas populares e equipos ou brigadas de producción) e máis tarde, dunha forma moi puxante, no sector industrial (empresas de cantón ou poboado que absorben o excedente de man de obra rural, así como empresas de propiedade social creadas por empresas estatais). Fronte ó modelo liberalizador implantado nos Países do Leste, a reforma económica chinesa oriéntase á experimentación de formas de propiedade e xestión colectivas e cooperativas.