Lixeira lembranza da investigación agraria en Galicia

Authors

  • Xosé Uxío Rey Fernández

Abstract

Recapitúlase sobre as institucións de investigación agraria en Galicia, do plan do CRIDA de 1973 e da unificación no INIA, que elabora os programas de investigación para a agricultura búmida, representando un gran esforzo humano e de medios. Pero dende 1977 o número de titulados superiores adicados á investigación agrícola no INIA decrece ata hoxe; recórrese á figura do becario, non coma investigador en formación mais coma un recurso humano barato e pouco aprezado, vencellado ós programas de forma pouco estable, e sempre moi lonxe do propósito da previsión de necesidades feita en 1973 -172 investigadores, fronte ós que existen só 45-. En canto se deteriora a investigación propia, a Administración da Xunta encarga traballos de investigación a "consultings" privados, externalizando a investigación e a elaboración de programas que mesmo existían no INIA. Conclúese coa necesidade de recupera-las grandes potencialidades da investigación agraria pública mediante un plan de investigación axeitado.

Downloads

Download data is not yet available.

Downloads

Published

2020-03-09

Issue

Section

Artículos