Desenvolvemento operativo do modelo de política rexional de servicios a empresas, a longo prazo
Abstract
Discútese o deseño dunha rede de centros especializados para a canella da actividade de promoción do IGAPE -Instituto Galego de Promoción Económica- e a institucionalización da participación de empresas e sectores, deixando ó dinamismo do sector empresarial privado marca-lo ritmo de implantación. Os C.I.S. -Centros de Innovación e de Servicios-- constituiríanse como entidades de dereito privado, potados polo IGAPE e outros actores públicos e privados. Os C.S.S. -Centros Sectoriais de Servicios- constituiríanse como depertamentos especializados do propio IGAPE (propóñense 6 css: confección textil, madeira e moble, pedra, alimentación, metal e maquinaria e por fin caucho e materias plásticas na primeira proposta de obxectivos a acadar a longo prazo). Os C.X.S. -Centros Xerais de Servicios- (de Deseño Industrial, de Comercialización, de Homologacións, Patentes e Ensaios. de Impacto Ambiental, de Formación Superior.Centro de Excelencia). Os C.E.I. -Centros de Empresa e Innovación-, aproveitando os afincamentos da CE, como oficinas de detección de empresarios innovadores. Un programa mínimo de actuación a curto prazo empezaría por formación empresarial, innovación tecnolóxica, proxección internacional. Descríbense os liñamentos da política de fomento empresarial da Consellería de Economía.