Montes veciñais en man común: As súas funcións no sistema agrario tradicional, conflictos xurdidos coa súa propiedade e posibilidades ofertadas pola lei 13/1989
Abstract
O papel xogado polos montes veciñais en man común, que ocupan o 22% da superficie galega e están presentes no 75% dos Concellos, está moi limitado debido en gran medida ós factores alleos de usurpación da sua propiedade pola Administración, que orixinou unha ruptura na súa organización e función na economía rural tradicional, que está lonxe de ser restablecida nos tempos actuais, logo da sua devolución nos últimos vitecinco anos.
As repoboacións forzadas contra a vontade dos veciños sobre todo no período de 1941-65 afectou ás economías rurais có descenso da superficie das rozas e do gando, que logo coa crise da agricultura tradicional resultou nunha perda de funcións e infrautlización do monte non arborado.
A lei de 1968 permite que os veciños comecen a recuperar a súa propiedade, mentres que a nova lei de 1989 centra os seus obxetivos na autonomía de xestión e organización económica das comunidades.
A situación actual dos montes veciñais dista moito de ter acadado unha función socioeconómica acorde coas suas potencialidades e necesidades das comunidades veciñais.