ACORDOS DO CONSELLO REITOR DE NATUREZA SANCIONATORIA. Comentario da SAP de Burgos núm. 214/2012 (sección 3a), de 23 de mayo.
Resumen
Dous socios da COOPERATIVA AVÍCOLA Y GANADERA DE BURGOS, en concreto as persoas xurídicas GUTIÉRREZ EXPORCI, S. L. e ÁLAMO DOMINGO, CARLOS Y PEDRO, S. C., presentan demanda pola que impugnan dous acordos do Consello Reitor da cooperativa á que pertencen.
O primeiro dos acordos impugnados impoñía a ambas as dúas sociedades demandantes o pago dunha cláusula penal por incumprimento das obrigas dos cooperativistas. Dita cláusula atopábase prevista no contrato asinado polas actoras cando se incorporaron á cooperativa, no cal tamén se expresaba que os socios se obrigaban a entregar toda a produción de porcos para o sacrificio no matadoiro que a cooperativa designe durante todo o período de duración do contrato. É, precisamente, o incumprimento desta concreta obriga, o que motiva a aplicación polo Consello Reitor da cláusula penal. Fronte ó acordo que impoñía o pago da cláusula, os cooperativistas sancionados interpuxeron recurso ante a Asemblea Xeral, que foi inadmitido polo mesmo Consello