A rendabilidade do monte. Apuntes para o deseño dunha política forestal
Resumen
A avaliación privada e mais a avaliación social diverxen, tendo na segunda moito relevo a conservación e mellora do solo os ecosistemas e os usos sociais; atencións custosas que non poden atenderse co cargo ó propietario privado. O monte privado está descapitalizado, con existencias/ha moi baixas, con abandono dos investimentos e mantemento, situación agravada polos incendios. "Esta baixa rendabilidade fai pensar que a selvicultura é unha actividade típicamente atendible polo sector público, pola avidencia do pouco atractivo que lle ofrece á iniciativa privada". Proponse, por consecuecia, a) unha política pública de adquisición de montes; b) convenios Consellería de Agricultura-montes veciñais para a repoboación e xestión forestal; c)a consideración do monte coma unha necesidade espiritual e cultural antes ca súa rendabilidade -que non ten interese- d) busca-la superficie mínima que permita unha xestión racional, mediante asociacións de propietarios, concentración parcelaria, etc, e e) servicios públicos forestais e facilidades para o sector que faga silvicultura.