Nota á "Primeira aproximación ó sistema Galicia", sobre as tendencias electorais e os campos sociais definidores da misión das institucións.
Resumen
Examínanse as tendencias electorais en Galicia e postúlase que as variables relevantes son os campos sociais (centro dereita e centro esquerda) que son os que observan regularidade estatística na opción e na tendencia. No período 1982-1993, onde se consolidan as posicións, maniféstase unha tendencia á caída regular do voto ó centro dereita e unha tendencia correlativa ó ascenso do voto ó centro esquerda que non depende nin do nivel de abstención nin da fragmentación/unidade das opcións partidarias que se presentan, nin dos candidatos -acaso aquí cunha moi leve variación-. O cambio no Parlamento e na Xunta de Galicia produciríase entón nas autonómicas-93 ou en todo caso no 97.
Descargas
Los datos de descargas todavía no están disponibles.