Asociacionismo da muller en Vigo
Resumen
Preséntanse as características do movemento asociativo de mulleres en Vigo, desplegado nos eidos sindical, veciñal, de axuda e solidariedade, feminista e outros. Adícase especial atención ás vocalías da muller que, xurdidas desde 1991, representan un expoñente da conxunción da participación veciñal e a definición dos propios desexos e capacidades dos colectivos de mulleres. Responden tamén á necesidade de accederen as mulleres a un espacio e un tempo de encontro propios. As secretarías de muller nos dindicatos supoñen hoxe un enclave de actuación en prol da igualdade da muller no mundo laboral. Vese no asociacionismo das mulleres unha ponte para dar canle a un potencial social moito tempo relegado ó ámbito doméstico de cara ó benestar de todos e de todas.