A propiedade social cooperativa no proxecto de Gorbachov: O que pudo ser e non foi
Resumo
Examínase o papel das Cooper ativas no proceso de reformas da Unión Soviética, na época de Gorbachov. O problema da compatibilidade entre cooperativismo e socialismo non foi claramente resolta nunca, e despertou diferencias de abordaxe. Na NEP estimulouse o cooperativismo, no socialismo administrativo instrumentouse mediante a inxerencia; na reforma intentouse valer do cooperativismo como unha forma de estimular a acumulación no sector non estadual e mais de eleva-la calidade de vida da poboación. Na situación social remexida da transición as cooperativas, polas facilidades para faceren negocios e enriquecer ós cooperativistas, foron considerados socialmente ofensivos e hostilizados tanto pola sociedade como pola Administración -autorizando apenas unha de cada 10 solicitudes-. Tendo podido ser un eixo potente do anovamento da sociedade soviética, o cooperativismo ten xogado un papel discutido, reducido e ambiguo.