IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DA ASEMBLEA POR VULNERACIÓN DO DEREITO DE INFORMACIÓN (Comentario á sentenza da AP de Ourense (Sección 1a), do 29 de Xuño de 2005)
Resumo
Dna. Camila, Dna. Raquel e D. Angel, interpoñen demanada, ante o Xulgado Mixto n. 7 de Ourense, contra a Cooperativa Sanitaria de Galicia (COSAGA) pola que reclámase a nulidade da Asamblea Xeral celebrada o 15 de outubro de 2001 por incunprimento do deber de información. A nulidade da Asamblea supón a de tódalas actuacións posteriores que traian consecuencia da mesma.
Na citada Asamblea de 15 de Outobro de 2001 adoptóuse acordo polo que se nomeaba un novo consello rector e, conxuntamente, adpotarónse outros acordos que suporían modificacións estatutarias para os que se esixe o cumprimento dun deber de información legalmente sinalado. A solicitude da nulidade da Asamblea baséase, precisamente, no incumprimiento pola Cooperativa Sanitaria de Galicia dos deberes de información ós socios. Como consecuencia lóxica da nulidade da Asamblea, tamén estará viciado de nulidade o acordo polo que se nomea novo consello Rector. Na medida na que este é nulo tamen o serán as Asambleas posteriores convocadas polo citado órgano e, polo tanto, tamen carecerá de validez a acordo de aumento de capital adoptado nunha Asamblea posterior con data de 17 de Decembro de 2001.
O Xulgado de Primeira Instancia de no 7 de Ourense dicta sentencia estimando as pretensións da parte demandante e declara a nulidade da Asamblea Extraordinaria do 15 de Outubro de 2001 e, polo tanto, a dos acordos adoptados na mesma e os que traian causa déstes, así como a procedencia da cancelación dos mesmos nos Rexistros Públicos nos que figuren inscritos. Asimesmo, declara a nulidade do acordo de ampliación do capital social mínimo estatutario adoptado na Asamblea Xeral Extraordinaria do 17 de Decembro do 2001 e a cancelación da súa inscripción no Rexistro Público no que figure Inscrito. Contra a citada sentencia estimatoria, interpúxose recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense. Dito recurso foi resolto pola Audiencia Provincial revocando a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e estimando parcialmente as pretensións dos demandados Dna. Camila; Dna raquel e D. Angel. Así, declarouse a nulidade dos acordos da Asamblea Xeral do 15 de Outubro de 2001 polos que modificábanse os estatutos da anterior e mai-los acordos posteriores que traian causa do mesmo, absolvendo á Cooperativa do resto das pretensións que contra ela se deducían nese procedemento.