FISCALIDADE AMBIENTAL EN DEREITO ESPAÑOL E COMPARADO
Palavras-chave:
Fiscalidade ambiental, impostos sobre residuos, emisións, vehículos e augaResumo
Neste estudo analízanse os principais tributos ambientais existentes no dereito español e comparado. Conforme a xurisprudencia do noso tribunal constitucional para considerar un tributo como ambiental é preciso que incorpore nos seus elementos esenciais obxectivos deste tipo. Con fins didácticos clasifícanse os tributos existentes en varios grupos. En primeiro lugar, estúdanse os tributos sobre residuos. Existen diversas experiencias interesantes nesta materia tanto en Europa coma en Estados Unidos. En segundo termo, analízanse os tributos sobre emisións e préstase especial atención aos tributos autonómicos sobre esta materia que existen en España e en particular ao imposto galego sobre a contaminación atmosférica. A continuación faise unha referencia aos tributos sobre consumo de enerxía e carburantes, vehículos e estancias turísticas. Por último estúdase en profundidade a fiscalidade da auga en España, con referencia aos tributos
estatais, autonómicos e locais, e en dereito comparado. O traballo conclúe cunha bibliografía seleccionada.