O papel da empresa no desenvolvemento de Galicia
Resumo
Discútense os liiíamentos dunha estratexia que apunte a favorece-lo entorno competitivo da empresa galega, o lanzamento do investimento productivo e a creación de empresas capaces. As condicións -xeración de tecnoloxía, eficiencia da xestión, profesionais, sistema retributivo do persoal, xuros, inflación, custos laborais, presión fiscal, política e talante da Administración Pública-. A situación da economía galega corre o risco grave de se ir parecendo cada vez máis a un asilo -vivirmos das transferencias-- e unha política que trata de contraponer fábrica a asilo -vizo da producción fronte á sopa boba das transferencias-. A experiencia da política de subvencións como política de fomento avalíase como dando moi mediocres resultados. A definición do papel da banca e do sistema financeiro nas cuestións implicación directa/distanciamento da promoción industrial; drenaxe de depósitos para fóra de Galicia/busca de oportunidades de investimento no interior; implicación da banca en proxectos de capital-risco e outros proxectos de fomento. A imperiosidade da asunción da xeración de tecnoloxía na empresa -a tecnoloxía, motor do mundo- postúlase nun plan onde a) a Galicia costeira --cun mellor clima industrial e tecnolóxico- turre de toda a xeografia; b) a empresa debe asumi-lo reto de xerar tecnoloxía e implicar nese proceso ós outros dous actores -Administración e Universidade-. Nunca a Universidade nin a Administración desatarán procesos de xeración de tecnoloxía, nin a Administración nin a Universidade terán potencia se non son soportados por un mundo empresarial dinámico e capaz. Cómpre unha política tecnolóxica que apunte a afortala-las empresas xeradoras de tecnoloxía; c) o plan de fomento tecnolóxico non se debe facer con funcionarios, e a Administración debe acudir a outros expedientes: institucións sen ánimo de lucro, marcadamente; d) condicionar axudas oficiais á montaxe de servicios de I+D nas empresas; e) favorecendo que sexa a propia poboación quen tome as redeas do desenvolvemento económico mobilizando os seus recursos, creando novas actividades empresariais e xerando valor engadido.