Sistemas productivos locais e creación de economías externas en España.
Resumo
Para foca-lo desenvolvemento local endóxeno dentro dos países desenvolvidos e cunha estratexia de aproveitamento e producción de avantaxes competitivas, distínguense os tres modelos empresariais que teñen vixencia tra-la crise do sistema fordista: a empresa corporativa, a PEME familiar e as empresas de anovamento. Cada un destes modelos de empresa responde cunha distinta estratexia ós cambios no mercado impulsados polo "diamante da sobreranía do consumidor". A desintegración productiva, a intercooperación e a aceleración dos ciclos de anovamento son respectivamente as estratexias dos modelos corporativista, PEME e anovador. A superación dunha perspectiva de análise monolítica para dar conta do desenvolvemento económico a través desde tres modelos ou vectores, preséntase tamén útil para diferencia-los distintos mecanismos de integración laboral, a asunción de políticas de calidade e os distintos requirimentos á Administración Pública. O autor amósanos os distintos instrumentos que hoxe son empregados en España para impulsa-lo desenvolvemento endóxeno local a través da creación de economías externas para as PEMES. Estes instrumentos son: as Axencias de Desenvolvemento Rexional (ADR), o Sistema de Sociedades de Garantía Recíproca, os Centros de Anovamento e Tecnoloxía (RTOs) e os laboratorios de ensaios, calibración e normalización.