O desenvolvemento local.
Resumo
Proponse o desenvolvemento local como unha forma de facer política económica. Diferénciase entre industrialización difusa e distrito industrial ("a diferencia fundamental entre uns e outros desenvolvementos é o estatus do traballo"), suliñando a importancia desta diferencia para a análise do estilo e dos resultados do D.L. Alértase sobre a necesidade de avaliar con fundamentos os resultados -acaso máis parcos do que se quere, ata agora- dun desenvolvemento local que figura como un "conxunto de prácticas estándar ó dispor da Administración". O autor é renuente a ver a "globalidade" como unha oportunidade; sería máis ben como un fenómeno adverso, excepto acaso para algunhas rexións. Hai outra forma de dicir e de facer: non deixarse fascinar pola verborrea da mundialización e comprobar que as prácticas alternarivas están a ser posibles.