Breves notas en torno ó réxime xuridico das cooperativas de capital mixto.

Autores

  • Anxo Tato Plaza

Resumo

A figura de Cooperativa de Capital Mixto, regulada ata agora a penas na Lei Vasca de Cooperativas, pode ser incorporada á Lei Galega. Este tipo de cooperativa dá cabida a aportacións de capital con dereito a voto minoritario na Asamblea por parte de socios non-cooperativistas. Considérase a conveniencia e natureza xurídica desta fórmula, que permitiría mellora-la apropiabilidade e transferibilidade do capital e abre portas a novas formas de capitalización, ademais de dotar ás cooperativas dunha parte de capital esencialmente estable e propio da empresa, se ben poderían limitar o principio de "unha persoa un voto". A ambigüidate da definición desta figura na Lei Vasca e a necesidade de mellora-la súa regulación requiren unha mellora na súa definición xurídica.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2020-03-16

Edição

Secção

Artículos